Cinco xogadores que se atopaban cedidos no RC Celta até o 30 de xuño terminarán a tempada defendendo as cores do conxunto celeste tras chegar a un acordo cos seus clubs de orixe. Jeison Murillo, Filip Bradaric, Pape Cheikh, Fedor Smolov e Rafinha Alcántara disputarán as cinco xornadas restantes de LaLiga, que ten previsto finalizar o próximo 19 de xullo. Ademais, tamén prorrogan o seu contrato co club até final de campaña o xogadores do filial Dragan Rosic, Sergio Bermejo e Jacobo González.
Doutra banda, o lateral Lucas Olaza abandona o club tras non alcanzar un acordo con Boca Juniors para a prórroga de 19 días que solicitou o RC Celta. O club agradece o seu esforzo e profesionalidade durante a súa etapa en Vigo e deséxalle a maior das sortes no seu futuro persoal e profesional.