Orellana e Tucu Hdez. convocados por Chile, Krohn-Dehli por Dinamarca e Madinda por Gabón
A próxima semana detense a competición ligueira con motivo dunha nova data FIFA e ata catro futbolistas célticos concentraranse coas súas respectivas seleccións para participar en diferentes compromisos internacionais.
Os chilenos Fabián Orellana e Pablo Hernández regresan ao combinado chileno para participar en dous amigables, ante Venezuela e Uruguai, que se disputan os días 14 e 18 de novembro en Santiago de Chile.
Krohn-Dehli, un dos veteranos da selección de Dinamarca, participará en dous encontros de distinto calado. O 14 de novembro os daneses mídense a Serbia en Belgrado, un partido importante de face á clasificación á próxima Eurocopa de 2016. O día 18 o combinado nórdico xogará ante Romanía nun choque de menor transcendencia, un partido amigable que se celebrará en Bucarest.
O cuarto céltico convocado pola súa selección até o momento é o canteirán Levy Madinda, que aos poucos se consolida como un fixo da selección de Gabón. O centrocampista africano disputará dous partidos, o 15 e o 19 de novembro ante Angola e Lesotho, clasificatorios para a Copa África do próximo ano.
KROHN-DEHLI (DINAMARCA)
Serbia-Dinamarca (Belgrado, 14/11/14) – Amigable
Rumanía-Dinamarca (Bucarest, 18/11/2014) – Clasificatorio Eurocopa 2016
MADINDA (GABÓN)
Angola-Gabón (Angola, 15/11/2014) – Clasificatorio Copa África 2015
Gabón-Lesotho (19/11/14) – Clasificatorio Copa África 2015
PABLO HERNÁNDEZ e FABIÁN ORELLANA (CHILE)
Chile-Venezuela (Santiago de Chile, 14/11/2014) – Amigable
Chile-Uruguay (Santiago de Chile, 18/11/2014) – Amigable