Primeiro Equipo

Chelo Díaz: “Vía sempre os partidos do Celta e entendía que este equipo tiña que xogar unha copa internacional”

RC Celta

160310_RP_Chelo.jpg

 

O equipo afronta o partido deste sábado como clave na loita polos postos europeos. Así o recoñeceu esta mañá o centrocampista céltico Marcelo Díaz, quen asegurou que o persoal adestrou moi ben durante a semana e chegan ao choque preparados para sumar unha vitoria: “Puxemos toda a nosa concentración neste partido. É un rival directo e hai que deixar o tres puntos en casa. Vai ser un lindo espectáculo”, comentou o internacional chileno.

 

En sintonía co resto do vestiario, Chelo Díaz volveu lembrar que, unha vez asegurada a permanencia, agora o obxectivo é terminar a tempada en postos europeos: “Vía sempre os partidos do Celta e entendía que este equipo merecía xogar unha copa internacional. Agora estou aquí e esa responsabilidade é maior. Adquirimos unha forma de xogar que xera ilusión tanto no cadro de persoal como na xente. Non imos desaproveitar esta oportunidade que temos. Imos seguir pelexando até o final”, asegurou.

 

“Alégrame que a xente recoñeza o esforzo. Están a valorar o que fago no campo e ponme moi contento. É un incentivo para seguir crecendo e seguir collendo a mellor forma posible”, dixo o xogador que agradece o trato recibido desde o seu primeiro día como celeste tanto polo club como pola afección.

 

Marcelo non se esqueceu do seu compañeiro Pablo Hernández, lesionado ante o Real Madrid, e recalcou a valiosa achega que o Tucu fai ao equipo: “Hai moitos compañeiros que poden xogar, pero quizais non podemos suplir todas as súas virtudes. É o que hai e só podemos desexarlle ánimos para que teña unha pronta recuperación”, declarou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas