Primeiro Equipo

Chega a Copa: os abonados poden levar un acompañante por 10 euros

RC Celta

promocion_abonados_271112.jpg

O Celta buscará este xoves ante o Almería remontar o dous a cero da ida e acceder a oitavos

 

O Real Club Celta recibe este xoves ao Almería no partido de volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei coa necesidade de remontar o dous a cero da ida para acceder á seguinte rolda, difícil reto no que será vital o apoio da afección. O club anima aos abonados a que participen na promoción impulsada para este encontro -entradas para acompañantes a 10 euros- e desta maneira aumente o apoio ao equipo.

 

Os abonados, que poderán acceder ao estadio co seu carné, teñen á súa disposición entradas para as bancadas de Tribuna, Río Alto e Río Baixo por tan só dez euros. Estas entradas estarán á venda o mércores nas oficinas de abonados, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e o xoves, día do partido, nos despachos de billetes do estadio de 10.00 a 19.30 horas.

 

Cada abonado, de calquera das bancadas do estadio, poderá adquirir unha entrada para este encontro polo mencionado prezo de 10 euros e, por suposto, asistir ao partido de maneira gratuíta co seu carné en vigor.

 

Para o público en xeral, o prezo das entradas será de 40 euros para Tribuna e de 30 para as bancadas de Río Alto e Baixo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas