Outro xogador do Real Club Celta, Rafinha, foi nominado como mellor centrocampista de ataque
O dianteiro celeste Charles recibiu esta noite o premio ao mellor dianteiro da Liga Adelante na Gala da LFP, que reuniu en Madrid a unha ampla representación do fútbol español. Foi unha xornada feliz para o atacante céltico, quen horas antes recibira os Premios Pichichi e Zarra que concede o diario MARCA.