A TV online oficial do club planea emitir en directo os tres partidos que o equipo xogará en Alemaña
CeltaTV, a canle de televisión online oficial do club, desprazouse a Alemaña para facer un seguimento audiovisual do RC Celta. O tres partidos que o equipo disputará no país xermano retransmitiranse en directo a través da canle celeste para o territorio español, sempre que se dean as condicións técnicas necesarias en cada estadio. O primeiro partido da xira ante o Greuther Fürth emitirase en directo hoxe a partir das 19:30h en celtatv.interoud.tv
Ante calquera incidencia que impedise a correcta emisión dos encontros, CeltaTV porá a disposición dos afeccionados os partidos unha vez finalicen.