Primeiro Equipo

Celta e Rápido celebran o centenario do club boucense o 29 de xullo en Barreiro

RC Celta

presentacion-celta-rapido-14-2.jpg

El Corte Inglés acolleu esta mañá a presentación oficial deste entrañable partido amigable

 

Esta mañá presentouse oficialmente o partido entre RC Celta e Rápido de Bouzas, que se celebra o vindeiro martes 29 de xullo en Barreiro (19:00 horas) como parte dos actos de celebración do centenario do club boucense. As entradas para este entreñable encontro poden adquirirse de forma anticipada en El Corte Inglés ou nas oficinas do Baltasar Pujales (de 18 a 20h) por 8€ no caso dos abonados de ambos os clubs ou por 10€ para o público en xeral. O día do partido os billetes estarán á venda no portelo do Campo de Barreiro por 10€ para abonados do RC Celta e do Rápido de Bouzas ou por 15€ para o público en xeral.

 

O presidente do Rápido de Bouzas, Manuel Seonae, destacou a “relación magnífica” que existe entre ambas as entidades e transmitiu “o agradecemento do Rápido e de todo Bouzas ao RC Celta pola súa xenerosidade”. Pola súa banda, o vicepresidente celeste Ricardo Barros expresou que a entidade céltica “sente un gran orgullo por poder participar no centenario do Rápido” e destacou un dos lazos en común entre ambas institucións: “é un equipo que tamén ten a nosa filosofía de canteira e quero destacar o traballo que o Rápido fai neste ámbito”. Abel Caballero, alcalde de Vigo, pechou as intervencións dando os parabéns ao Rápido de Bouzas “polos seus cen anos de historia” e resaltou “a paixón de Celta e Rápido polo fútbol, que se unen para celebrar este centenario”.

 

No acto de presentación tamén participaron José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Iglesias, Deputada Provincial na Deputación de Pontevedra e Santiago López, Secretario Xeral da Zona Franca de Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas