Primeiro Equipo

Celta-Almería de Copa: os abonados celestes terán á súa disposición entradas por 10 euros

RC Celta

bermejo-almeria.jpg

O equipo vigués necesita o apoio da bancada para remontar o dous a cero da ida e pasar a oitavos

 

O Real Club Celta afronta o xoves da próxima semana (Balaídos, 19.30 horas) o difícil reto de remontar a eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do Rei ante o Almería, onde caeu por dous goles a cero, e alcanzar os oitavos de final ante o gañador do Real Madrid-Alcoyano. Para este partido, no que será decisivo o apoio da afección, o club pon a disposición dos seus abonados entradas por dez euros.

 

Co obxectivo de premiar unha vez máis aos seus abonados e de crear un bo ambiente no estadio para que o equipo se senta arroupado no seu reto de remontar o resultado adverso do partido de ida, o club porá a disposición dos abonados entradas a dez euros para as bancadas de Tribuna e Río, cuxo prezo para o público en xeral será de 40 e 30 euros respectivamente para adultos e de 20 para Sub-23, neste caso só para Río.

 

Cada abonado de calquera das bancadas do estadio vigués poderá adquirir, ata que se cubra o aforo, unha entrada para esas tres bancadas; Tribuna, Río Alto e Río Baixo, por tan só dez euros xa desde este mesmo xoves nas oficinas de abonados. O horario de venda destas entradas especiais e para o público en xeral será o xoves e venres desta semana de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A próxima semana poderanse adquirir na oficina de abonados de luns a mércores nese mesmo horario e o xoves nos despachos de billetes do estadio de 10.00 a 19.30 horas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas