Primeiro Equipo

Catro internacionais celestes convocados polas súas seleccións nacionais

RC Celta

foto internacionales 240113

Augusto, Krohn-Dehli e Park xogarán amistosos; mentras que Túñez adestrará con Venezuela en Madrid 

 

O céltico Augusto Fernández regresa á selección absoluta arxentina, na que é xa a súa cuarta convocatoria. Alejandro Sabella seleccionou ao atacante celeste para o amigable que a albiceleste disputará o próximo 6 de febreiro ante Suecia, en Estocolmo.

 

Por outra banda, o canteirán Andrés Túñez foi chamado por César Farías para participar coa selección venezolana nos adestramentos que a vinotinto realizará en Madrid, do 3 ao 6 de febreiro.

 

Krohn-Dehli e Ju Young Park, dous habituais cós seus combinados nacionais, tamén participarán en compromisos internacionais amistosos o mércores 6 de febreiro. O danés enfrontarase con Dinamarca a Macedonia, en Skopje, mentras que o dianteiro coreano xogará coa República de Corea ante Croacia, en Londres.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas