Primeiro Equipo

Catro internacionais celestes convocados polas súas seleccións

RC Celta

MKD_2013.jpg

Krohn-Dehli, Madinda, Augusto e Túñez participarán en partidos clasificatorios para o Mundial 2014

 

Ata catro xogadores do primeiro equipo foron chamados polos seus seleccionadores nacionais para participar en partidos da fase previa á Copa do Mundo de Brasil 2014. Estes compromisos internacionais están programados nas primeiras semanas de setembro, entre o día 5 e o 10 do devandito mes.

Michael Krohn-Dehli, centrocampista do Real Club Celta, forma parte da convocatoria provisional confeccionada polo seleccionador de Dinamarca para disputar dous partidos clasificatorios para o Mundial de Brasil 2014. O 6 de setembro os daneses mediranse en Malta á selección do país insular, mentres que o 10 do mesmo mes enfrontaranse ao combinado nacional de Armenia na cidade de Yerevan. A federación danesa publicará a lista definitiva o luns 26 de agosto.

O canteirán Levy Madinda, un habitual na lista de Gabón, regresa á selección para enfrontarse a Burkina Faso o 5 de setembro. ‘As panteras’ xóganse as súas opcións de continuar con vida na fase previa, nun partido que se disputará na cidade burkinabé de Ouagadougou. O xogador africano concentrarase coa selección de Gabón desde o día 1 de setembro.

Augusto Fernández tamén regresa a unha convocatoria internacional. A presenza do atacante celeste no combinado arxentino está a se converter en algo habitual. A albiceleste medirase a Paraguai o 10 de setembro en Asunción.

O cuarto futbolista céltico chamado pola súa selección é Andrés Túñez. O defensa central concentrarase coa selección de Venezuela desde o 2 de setembro para disputar dous partidos clasificatorios para a cita mundialista: o 6 de setembro ante Chile en Santiago (Chile) e o 10 do mesmo mes a Perú en Puerto de la Cruz (Venezuela).

 

Krohn-Dehli: Malta-Dinamarca (6 de setembro) / Armenia-Dinamarca (10 de setembro)

 

Levy Madinda: Burkina Faso-Gabón (5 de setembro)

 

Augusto Fernández: Paraguay-Argentina (10 de setembro)

 

Andrés Túñez: Chile-Venezuela (6 de setembro) / Venezuela-Perú (10 de setembro)

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas