Primeiro Equipo

Capitán de longo recorrido: Hugo Mallo, celeste ata 2021

RC Celta

firmahugo271016a

 

O RC Celta asegura a continuidade dun dos grandes referentes da canteira, dun dos alicerces do primeiro equipo. O capitán celeste Hugo Mallo continuará vinculado ao club cinco tempadas, até o ano 2021, tras a renovación asinada na sede do club co presidente Carlos Mouriño.

 

Hugo Mallo (Marín, 22 de xuño de 1991), chegou á canteira do Real Club Celta en categoría infantil e deu o saltou ao primeiro equipo cando aínda xogaba no conxunto xuvenil. Internacional en diversas categorías da selección nacional, o lateral céltico acumula xa oito tempadas no primeiro equipo do RC Celta e desde a pasada loce o brazalete de capitán.

 

“É unha inmensa alegría seguir pertencendo ao club da miña vida”, comentou o capitán celeste, quen engadiu que “esta é a miña segunda casa, é onde crecín, onde me axudaron a crecer como futbolista e sobre todo como persoa e quero seguir os anos que poida. Estoulle moi agradecido ao club, compañeiros e afección”.

 

Hugo Mallo viu cumpridos moitos dos seus soños no RC Celta, onde aínda quedan ilusionantes metas por alcanzar, pero mantén vivo outro cunha camiseta diferente, a da Selección Española: “É un soño, gustaríame moito, pero paso a paso, estou a adestrar duro co equipo e esperando con calma a miña oportunidade”.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas