Primeiro Equipo

Burnley FC, rival de Premier League na xeira inglesa do Celta

RC Celta

turfmoorstadium.jpg

Disputarase o martes 5 de agosto ás 19:30 (hora local) no Turf Moor Stadium

 

O Celta xa coñece a outro dos seus rivais de pretemporada. Os vigueses mediranse ao Burnley FC da Premier League inglesa o martes 5 de agosto (19:30 hora local) no Turf Moor Stadium. Este encontro súmase aos xa anunciados ante Norwich City e Wolverhampton Wanderers, partidos de preparación que se disputarán no marco da xeira que os celestes realizarán entre o 31 de xullo e o 8 de agosto en Inglaterra.

 

O Burnley FC é un dos clubs históricos do fútbol inglés, con dous títulos de liga nas súas vitrinas, ademais de dúas supercopas de Inglaterra e unha FA Cup. O conxunto británico logrou o ascenso á Premier League a tempada pasada tras asinar un excelente campionato.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas