Primeiro Equipo

Borja Oubiña, intervido sen complicacións do seu xeonllo esquerdo

RC Celta

cel-val-1314-borja.jpg

O Dr. García Cota estima un periodo de baixa de catro meses para o capitán celeste

 

Borja Oubiña, capitán do RC Celta, foi sometido esta mañá a unha limpeza articular do seu xeonllo esquerdo no Hospital Quirón de Barcelona. O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos do club, participou activamente na operación xunto ao Dr. Cugat, encargado de dirixir a intervención.

 

“Fixemos unha artroscopia no xeonllo esquerdo cunha limpeza articular con extracción de corpos libres”, explica o Dr. García Cota, quen profunda máis nos pormenores da cirurxía: “Comprobouse o bo estado da plastia do ligamento cruzado anterior, revisáronse e trataron as zonas de lesión de cartílago e aplicáronse factores de crecemento plaquetario e células nai extraídas da medula ósea da pelvis”.

 

A intervención foi completada “sen complicacións” e estímase que a baixa deportiva do xogador será dun catro meses.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas