Bo test para o Celta en Griffin Park ante un rival uy motivado e enteiro fisicamente. Os celestes foron a máis e ofreceron fases de bo fútbol, aínda que caeron por dous tantos a un ante o combativo Brentford.
O partido arrincou con moito ímpeto do conxunto local, forte no aspecto físico, ante un Celta que buscaba o toque e a posesión como armas. Aos 21 minutos, bo pase de Lobotka cara a Hugo Mallo, cuxo remate foi ben rexeitado pola meta local. Cinco minutos despois, pase en profundidade cara a Vibe e boa definición do dianteiro no man a man para adiantar ao Brentford.
Pasada a media hora, Bentley repeleu un duro remate de Guidetti na área tras un bo pase de Hugo Mallo, quen subía a banda de maneira constante. E como na anterior ocasión, pouco despois, aos 35 minutos, Jota anotou cun lanzamento de falta desde a frontal. Xa no tramo final, Beauvue disparou desde a frontal e o coiro rozou o traveseiro noutra boa ocasión para os celestes.
Tras o descanso, dominio absoluto do Celta e premio aos 10 minutos cun pase de Wass cara a Guidetti que o sueco aproveitou para anotar. Os vigueses dispuxeron de máis ocasións, pero non lograron concretar o seu caudal ofensivo e acabaron caendo pola mínima.
FICHA TÉCNICA
2-Brentford: Bentley, Dalsgaard, Mokotjo, Bjelland, Henry, Egan, Watkins, Canós, McEachran, Jota y Vibe. También jugaron Jozefzoon, Dean, Woods, Yennaris, Maupay, Sawyers, Field e Barbet.
1-RC Celta: Rubén (Iván Villar, min.46) , Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Pampín, Lobotka, Pape, Brais (Wass, min.52), Beauvue, Sisto y GuideTti. En el minuto 65 entraron Roncaglia, Costas, Cabral, Jonny, Radoja, Jozabed, Iago Aspas, Hjulsager e Maxi Gómez.
Goles: 1-0, min.26: Vibe; 2-0, min.35: Jota; 1-2, min.55: Guidetti.
Árbitro: Jonh Busby.
Campo: Griffin Park.