Park sofre unha fisura no escafoide tarsiano do pé dereito
As probas médicas realizadas esta mañá ao dianteiro Mario Bermejo, revelan que o futbolista céltico sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo da súa perna esquerda, lesión producida no transcurso do partido ante o Atlético de Madrid.
O xogador necesitará ser intervido quirúrxicamente e o periodo de baixa non será inferior aos seis meses. O xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, intervirá a Bermejo a partir de mediados da próxima semana.
O Real Club Celta desexa enviar unha mensaxe de ánimo e apoio a Mario Bermejo, ademáis de desexarlle unha total recuperación.
Por outra parte, o dianteiro coreán Ju Young Park sofre unha mínima fisura no escafoide tarsiano do pé dereito, lesión confirmada tras realizarlle unha resonancia esta mañá. O periodo de baixa será de entre 2 e 3 semanas.