Primeiro Equipo

Bellvís, operado de maneira satisfactoria no Hospital Vithas Fátima

RC Celta

Doctor_Sandoval_-_Fatima.jpg

O Dr. Sandoval, especialista maxilofacial do hospital, asegurou “un resultado moi satisfactorio”

 

O futbolista celeste Carlos Bellvís foi intervido esta mañá da súa fractura no malar dereito no Hospital Vithas Fátima. O doutor García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, asegurou que “a intervención foi moi ben. Esta lesión precisaba dun especialista e eliximos a un home da nosa confianza, o Doutor Sandoval”.

 

Sandoval, responsable da sección de cirurxía maxilofacial do Hospital Vithas Fátima, reafirmou o éxito da operación: “o prognóstico é moi bo. Bellvís tiña un traumatismo directo que lle provocou dúas fracturas”. O Doutor Sandoval destacou o pouco invasiva que resultou a intevención grazas a “un instrumento especial que evitou a intervención directa no óso, cun resultado moi satisfactorio. A fractura está totalmente aliñada sen necesidade de utilizar parafusos de osteosíntesis ou miniplacas”.

 

Sobre os prazos de recuperación, o Doutor Sandoval indicou que “a fractura necesitará de polo menos corenta días de consolidación. Poderá adestrar con normalidade pero evitando ter moitos contactos”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas