Primeiro Equipo

Beauvue, operado satisfactoriamente, será baixa entre 5 e 6 meses

RC Celta

beauvue-lesión-betis.jpg

p>

 

Claudio Beauvue foi intervido satisfactoriamente esta mañá no Hospital Vithas Fátima. O dianteiro celeste sofre unha rotura do tendón de Aquiles da perna dereita, lesión producida este sábado en Balaídos durante o partido de Liga ante o Real Betis.

 

O Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e responsable da intervención, explicou que Beauvue sufriu unha rotura completa do tendón de Aquiles no seu terzo medio e que o tempo de baixa será de 5 ou 6 meses.

 

“Realizouse unha reconstrución do tendón cunha sutura termo-terminal e un reforzo” – detallou o galeno celeste – “O xogador manterá inmobilización da perna durante unha semana e despois iniciará mobilidade limitada”.

 

Beauvue recibirá o alta hospitalaria esta noite ou mañá luns.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas