Claudio Beauvue foi incluído no 11 Ideal da xornada 32 de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División. O atacante caribeño foi titular no partido ante o Granada CF que finalizou cun resultado de 0-3 a favor dos celestes e no que asinou unha asistencia e un gol.
Xunto a Beauvue aparecen nesta formación: Sirigu, San José, Diego Reyes, Filipe Luis, Luisinho, Carrasco, Isco, Mikel Vesga, Messi y Muniain.