O fútbol base de Vigo vivirá en agosto unha xornada moi especial. Será o gran protagonista dun auténtico partidazo que se disputará no estadio de Balaídos entre o RC Celta e a AS Roma, subcampeón de Liga a pasada tempada. A recaudación deste encontro, que terá lugar o día 13 de agosto ás 19.30 horas, destinarase de xeito íntegro a AFAVI, Asociación do Fútbol Afeccionado de Vigo, entidade que desde fai anos mantén un estreito vínculo co club celeste.