O RC Celta uniuse ás iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Fútbol con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro). Ante o Leganés, os xogadores celestes saltaron ao céspede de Balaídos coas pañoletas da campaña en sinal de rexeitamento a este tipo de violencia. Ademais, o círculo central do campo luciu unha gran lona co lazo violeta, símbolo desta iniciativa.
Barreiro replicará estas accións o sábado, no derbi galego de filiais entre Celta e Deportivo (16:00).