O dianteiro celeste Miguel Baeza xogará esta tempada cedido no CD Mirandés tras o acordo alcanzado entre ambos os clubs. Tras disputar as pasadas dúas campañas cedido na SD Ponferradina e no portugués Río Ave, o atacante cordobés encadea unha terceira cesión, esta vez cun novo destino: Miranda de Ebro.
O RC Celta quere desexarlle ao ariete un gran éxito nesta tempada co conxunto rojillo.