O centrocampista celeste Augusto Solari sufriu no adestramento desta tarde unha lesión no nocello dereito por mor dun movemento forzado nun dos exercicios. Tras a realización de probas de imaxes, incluídas unha Resonancia Magnética, os servizos médicos do club diagnosticáronlle ao futbolista céltico a rotura da cápsula anterior do nocello, unha lesión á que en principio aplicarase tratamento conservador.
O tempo de baixa estimado para Solari é de seis a oito semanas. O RC Celta quere enviarlle unha mensaxe de ánimo e apoio e desexarlle unha pronta e completa recuperación.