Os tres xogadores celestes desputarán amistosos de preparación o día 14 de novembro
O gran rendemento do atacante celeste Augusto Fernández non pasou inadvertido no seu país. O xogador do Real Club Celta foi convocado polo seleccionador arxentino para o partido de preparación que a albiceleste disputará ante Arabia Saudita o día 14 de novembro en Riyadh.
Augusto incorporarase coa Selección arxentina ao termo do partido que o Celta disputará en Vallecas ante o Rayo, o sábado 10 de novembro, e regresará a Vigo unha vez finalizado o encontro entre Arxentina e Arabia Saudita. O céltico alcanza, con esta convocatoria, o seu terceiro partido coa Selección Arxentina.
O danés Krohn-Dehli foi tamén convocado polo seu seleccionador para un partido de preparación ante Turquía, que se disputará o día 14 de novembro en Estambul.
O terceiro dos célticos convocados nas últimas horas é Levy Madinda, quen participará, tamén o día 14 de novembro, no encontro que medirá a Gabón ante Portugal en Libreville.