O capitán celeste afirma trala súa renovación que afronta con moita ilusión o futuro
Augusto Fernández, o capitán celeste, é o protagonista do primeiro paso do proxecto celeste non só para a próxima tempada, senón tamén para o ilusionante futuro deportivo da entidade. Tras asinar a sua renovación por catro tempadas, o centrocampista afirmou que “estou moi feliz e por iso tomei a decisión. Atópome moi ben no club e na cidade, o mesmo que a miña familia, e iso fixo que todo fose máis rápido. Son catro anos asinados e oxalá que os cumpra e que sexan como estes tres que pasei ou mellores aínda”.
“Parece mentira que xa pasasen tres anos, isto demostra que as cousas van ben, que adoptei ao club e que o club en certa forma adoptoume a min”, engadiu o capitán céltico, quen indicou que me sentín moi valorado todos estes anos e gran parte da renovación ten que ver con iso, co respecto que me teñen, non só no campo senón tamén na rúa, e volvo mencionar á miña familia porque é un factor fundamental para min e eles senten o mesmo”
“Á fin e ao cabo é unha noticia que nos alegra a todos e garanto que o que dure este contrato deixareime a pel e moito traballo”, comentou Augusto, quen espera con “moita ilusión” a próxima tempada: “Gústame ser ambicioso e vexo que o club tamén o está sendo. deron pasos lentos pero seguros desde que o equipo regresou a Primeira División”.
“Si o club ten a mentalidad e o desexo de manter a base deste ano e apuntar ben cos reforzos e coa ambición que temos todos podemos pelexar máis arriba do que fixemos ata agora”, engadiu.