internacionales-mundial-celta-rusia-2018.jpg
Primeiro Equipo

Ata catro futbolistas celestes poden chegar ao Mundial de Rusia 2018

RC Celta


Achégase o verán do Mundial de Rusia 2018, unha competición especial para todos os celtistas porque, vinte e catro anos despois, haberá un canteirán e xogador do RC Celta entre os mellores do mundo: Iago Aspas. Non é o de Moaña o único celeste que podería chegar á cita mundialista, xa que Maxi Gómez e os daneses Wass e Sisto forman parte das listas preliminares das súas respectivas seleccións. O luns 4 de xuño anunciaranse as convocatorias definitivas tanto de Uruguai como de Dinamarca.

A selección danesa participará en dous amigables antes do Mundial. O primeiro o 2 de xuño contra Suecia en Estocolmo (Suecia) e o segundo o 9 de xuño contra México en Brondby (Dinamarca).

Lobotka e Mazán, convocados por Eslovaquia para dous amigables

Stanislav Lobotka e Robert Mazán non estarán en Rusia, xa que Eslovaquia non se clasificou para a Copa do Mundo. Con todo, os dous futbolistas celestes foron chamados polo seleccionador eslovaco de face a un amigable o 31 de maio contra Países Baixos en Trnava (Eslovaquia) e outro o 4 de xuño contra Marrocos en Xenebra (Suíza).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas