O RC Celta conta con ata 7 futbolistas internacionais nesta ‘Data FIFA’. Iago Aspas, Radoja, Tucu, Sisto, Lobotka e Emre Mor foron chamados polas seleccións absolutas, mentres que o porteiro Iván Villar forma parte da lista de España Sub-21. Os celestes tiveron sorte dispar nos seus primeiros compromisos, desde Iago Aspas ou Tucu sen minutos ata Lobotka sendo titular con Eslovaquia e completando un espectacular partido que lle valeu ser elixido por moitos medios como ‘Xogador do Partido’.
Unha vez completen os seus compromisos internacionais, entre este luns e martes, emprenderán o seu regreso a Vigo para unirse ao resto do grupo na preparación do Celta-Alavés (domingo, 18:30, Balaídos).
Iago Aspas (España)
España-Italia (3-0) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos
Liechtenstein-España | 5.9.17 – Vaduz | CLASIF. MUNDIAL
Radoja (Serbia)
Serbia-Moldavia (3-0) | CLASIF. MUNDIAL | Entrou no 77′
Irlanda-Serbia | 5.9.17 – Dublín | CLASIF. MUNDIAL
Pablo Hernández (Chile)
Chile-Paraguai (0-3) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos
Bolivia-Chile | 5.9.17 – La Paz | CLASIF. MUNDIAL
Sisto (Dinamarca)
Dinamarca-Polonia (4-0) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo
Armenia-Dinamarca | 4.9.17 – Yerevan | CLASIF. MUNDIAL
Lobotka (Eslovaquia)
Eslovaquia-Eslovenia (1-0) | CLASIF. MUNDIAL | Partido completo
Inglaterra-Eslovaquia | 5.9.17 – Londres | CLASIF. MUNDIAL
Emre Mor (Turquía)
Ucraína-Turquía (2-0) | CLASIF. MUNDIAL | Sen minutos
Turquía-Croacia | 5.9.17 – Eskişehir | CLASIF. MUNDIAL
Iván Villar (España Sub-21)
España-Italia (3-0) | AMIGABLE | Sen minutos
Estonia-España | 5.9.17 – Tallin | CLASIF. EUROPEO