Primeiro Equipo

Arranca a concentración do Celta en Marbella

RC Celta

entrenomarbella1.jpg

O primeiro equipo adestra desde este martes no Marbella Football Center

 

A segunda fase da pretempada celeste púxose en marcha. O primeiro equipo chegou a pasada noite á provincia de Málaga e esta mañá xa se exercitou no Marbella Football Center, un centro de alto rendemento deportivo no que os célticos poderán desfrutar dunhas instalacións de máximo nivel.

 

Os xogadores realizaron unha sesión matutina cunha importante carga física e á tarde voltarán ao traballo cun segundo adestramento, en torno ás 19:00 horas, unha dinámixa de dobres sesións que será habitual durante toda a concentración en terras andaluzas. Hugo Mallo, Pablo Fernández e Borja Oubiña, os tres no parte médico, traballaron ao marxe na recuperación das súas lesións.

 

entrenomarbella2.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas