O RC Celta empatou este sábado ante o Real Betis nun partido no que os celestes foron en vantaxe durante boa parte do mesmo. Un tanto verdibranco no tramo final igualou o inicial de Nolito. O equipo celeste afástase un punto da zona de descenso.
Os de Óscar García saíron moi enchufados ao encontro e súas foron as primeiras accións de perigo. Nolito abriu o marcador cun sensacional lanzamento de falta que sorprendeu ao porteiro visitante. En defensa, o conxunto celeste non sufriu cos atacantes sevillanos.
Na segunda metade o encontro igualouse e o Betis pisou a área de Rubén con máis frecuencia. Foi tras un saque de esquina cando Feddal puxo a igualada definitiva no marcador.
FICHA TÉCNICA
1 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin (Hugo, min 62), Murillo, Araujo, Olaza, Okay, Beltrán (Bradaric, min 76), Rafinha, Nolito (Mina, min 76), Iago Aspas (Toro, min 76), Smolov (Brais, min 52)
1 – R. Betis: Joel, Emerson, Mandi, Feddal, Moreno (Pedraza, min 54), Guardado, Guido, Canales, Aleñá (Joaquín, min 57), Juanmi (Tello, min 57), Loren (Borja, min 90)
Goles: 1-0 Nolito, min 22; 1-1 Feddal, min 79
Árbitro: González Fuertes (Asturias). Amoestou a Iago, Okay, Bradaric, Kevin, Araujo (RC Celta) e a Mandi, Canales, Tello, Moreno (R. Betis)
Campo: ABANCA Balaídos