De Lucas adiantou aos vigueses, que mereceron un cómodo triunfo, pero encaixaron ao final
Ao Celta escapóuselle a vitoria no último minuto e non puido pechar unha semana fantástica. De Lucas adiantou aos celestes na primeira metade e o Levante empatou cunha xogada de fortuna no último minuto. Os celestes mereceron a vitoria, foron netamente superiores ao seu rival, pero tiveron que conformarse cun punto.
Arranque espectacular do Celta, que encerrou na súa área ao Levante e no primeiros cinco minutos dispuxo de varias ocasións de gol. Iago Aspas e Augusto remataron con perigo en senllas chegadas. Ao trece minutos, o Levante tivo a súa. Primeira chegada, rexeite e Javi Varas que despexa de forma milagrosa un remate de socato de Martins. Despois, Roberto Lago probou de lonxe e o coiro saíu desviado.
O Celta dominaba de maneira abafadora, cun bo xogo e numerosas chegadas, ante un rival encerrado atrás e que apenas lograba saír do seu campo. Os visitantes defendían con todo e buscaban saídas veloces á contra, proposta clara que abocaba aos celestes a aplicar moita paciencia e atención.
O Levante axustou o seu defensa e as ocasións desvanecéronse na seguinte fase do partido, que se deslizou cara ao terreo que o equipo visitante desexaba. Xa non sufría tanto na súa área e lograba enlazar algunha contra perigosa.
Krohn-Dehli cabeceou ás mans de Munúa un bo centro de Iago Aspas aos 31 minutos. O Celta volvía aparecer con perigo tras varios minutos sen lograr superar a rochosa e numerosa zaga levantinista. Iago Aspas rematou de cabeza desviado tras un envío de Álex López.
Aos 36 minutos, gran xogada de Iago Aspas, quen arrincou no centro do campo e foise de dous rivais, e fenomenal pase interior a De Lucas, que anotou coa zurda. Merecido tanto para un Celta netamente superior ao seu rival.
Até o descanso, os locais non sufriron e mantiveron con comodidade a merecida vantaxe.
Tras a continuación, punto estivo de chegar o segundo. Gran combinación entre Iago Aspas e De Lucas, pase a Krohn-Dehli e envío á área ao que non chega o catalán por moi pouco. Munúa desviou despois un disparo de Augusto.
Nos seguintes minutos, o Levante deu un paso adiante e dispuxo dun par de ocasións de perigo, pero nin Martins nin Juanlu acertaron ante Javi Varas.
Foi a mellor foi para o Celta aos 20 minutos: cabezazo de socato de Cabral e parada incrible de Munúa. O arxentino non puido tampouco empuxar o rexeite á rede. A meta visitante atrapou despois con fortuna un cabezazo de Iago Aspas en ferro desde o punto de penalti.
O resultado, coto para os méritos celestes, deixaba o partido completamente aberto no tramo final, co Levante acumulando xente arriba e buscando o empate cun xogo directo. O Celta mantivo a compostura e o empeño por lograr o segundo tanto. Ao final, xogada de estratexia fortuna para o Levante e gol de Roger. Apenas quedaba un minuto e ao Celta se lle esfumaba unha vitoria que merecera de maneira clara.
FICHA TÉCNICA
R..C.Celta: Javi Varas, Hugo Mallo, Cabral, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Álex López (Bustos, min.74), Augusto, Krohm-Dehli, De Lucas (Mario Bermejo, min.67) e Iago Aspas (Park, min.83)
U.D. Levante: Munúa, Chris Lell, Ballesteros, David Navarro, Juanfran, Iborra, Diop (Roger, min.77), El Zhar (Ángel, min.57), Barkero, Juanlu (Míchel, min.70) e Martins
Goles: 1-0, min.36: De Lucas; 1-1, min.89: Roger
Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Augusto, Cabral, Ballesteros, Juanlu, Diop
Campo: Balaídos, 17.537 espectadores.