mohamed-fb-tw-web.jpg
Primeiro Equipo

Antonio Mohamed, adestrador do RC Celta para as dúas próximas tempadas

RC Celta

O RC Celta abre unha ilusionante etapa no aspecto deportivo coa contratación dun técnico cunha longa e exitosa experiencia en Arxentina e México e unha proposta futbolística que encaixa á perfección na filosofía do club. Antonio Mohamed será adestrador celeste as dúas próximas tempadas, o que garante bo fútbol e ambición no equipo vigués.

Antonio Mohamed (Buenos Aires, 2 de abril de 1970) chega avalado por unha longa experiencia en equipos de diferente condición e un bo número de títulos no seu currículo, un total de cinco, ademais de dous subcampionatos e un ascenso de categoría. Comezou a súa traxectoria como adestrador no ano 2003 e desde entón gañou unha Copa Sudamericana, co Independiente de Avellaneda en 2010, dúas Ligas mexicanas con Tijuana e América e a Copa de México co Monterrey, equipo ao que dirixiu as tres últimas tempadas.

O técnico celeste gozou ademais dunha extensa e fructífera carreira como xogador, en especial en México, onde xogou en diferentes equipos durante dez tempadas. Entre os seus logros figura a Copa América coa selección arxentina no ano 1991.

Antonio Mohamed regresou a Arxentina nas últimas horas e será presentado durante as próximas semanas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas