O central, que ronda os 90 partidos en 2 campañas, renova 4 tempadas
O Real Club Celta continúa apontoando o seu sólido proxecto deportivo para o futuro e tras as recentes renovacións de Augusto, Sergio Álvarez e Orellana hoxe foi o central Andreu Fontás quen ampliou a súa vinculación coa entidade celeste. O defensor renovou o seu contrato co Celta até xuño de 2019.
Andreu Fontás, de 25 anos de idade, emprende a súa terceira tempada no equipo vigués, no que tivo un gran protagonismo e acumulado moitos minutos de competición, preto de 7.000 en case 70 partidos disputados en 2 campañas.
Fontás expresou a súa satisfacción por esta renovación: “É un día moi especial e feliz. Pasei 2 anos marabillosos aquí e espero que os próximos 4 tamén o sexan”. O central celeste márcase como obxectivo persoal e grupal “seguir crecendo” nun club “que só mira cara arriba”.