Charles será examinado mañá polo doutor Sandoval, experto en ciruxía maxilofacial
A ecografía á que foi sometido esta tarde o centrocampista do Real Club Celta Álex López desvela a existencia dunha pequena rotura fibrilar no sóleo da perna esquerda do xogador, que permanecerá de baixa unhas dúas semanas. O céltico sufriu a lesión na segunda metade do partido do pasado sábado en Vallecas, no que entrou tralo descanso.
Por outra banda, Os resultados do TAC realizado esta mañá no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima ao dianteiro céltico Charles confirman a existencia de fractúra dos ósos propios do nariz e unha correcta redución de fragmentos, pero para asegurar pronóstico o xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, solicitou a valoración dun recoñecido experto en ciruxía maxilofacial, o doutor Jesús Sandoval, quen examinará mañá ao futbolista.