O RC Celta e Álex López chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador, quen xa se ha devinculado da entidade céltica.
Álex López chegou ao filial do RC Celta no verán de 2009. En apenas uns meses, o ferrolán deu o salto ao primeiro equipo da man de Eusebio Sancristán e converteuse nunha peza importante daquel Celta de Segunda División que acabaría logrando o ansiado ascenso na 2011/2012. López vestiu a celeste na máxima categoría do fútbol español durante tres tempadas, antes de irse cedido ao Sheffield inglés e ao Real Valladolid.
O club quere expresar o seu máximo agradecemento a Álex López pola súa profesionalidade, actitude e entrega ao longo de todos e cada un dos anos nos que defendeu a camiseta do RC Celta, así como desexarlle o maior dos éxitos no persoal e o profesional. Grazas Álex e boa sorte!