A ecografía desvela que a cicatrización da lesión é positiva
A ecografía realizada esta tarde polos servizos médicos celestes a Álex López desvela que a cicatrización da lesión, unha rotura fibrilar no biceps femoral dereito, evolucionou de maneira favorable para o tempo transcorrido desde a lesión, unhas dúas semanas e media, pero será necesario esperar á súa evolución nos próximos días para determinar se estará en condicións de xogar o sábado.