O xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, operou esta mañá ao central Joseph Aidoo, quen sufriu a rotura do tendón de Aquiles nun partido disputado coa súa selección o pasado sábado.
A intervención, que transcorreu sen complicacións e tivo lugar á primeira hora da mañá no Hospital Fremap de Vigo, consistiu na reconstrución do tendón con sutura reforzada e a aplicación de factores de crecemento.
O defensor celeste permanecerá de baixa un mínimo de 6-7 meses. O club reitera a súa mensaxe de ánimo e apoio a Aidoo, a quen lle desexa unha total recuperación.