O seleccionador nacional Julen Lopetegui convocou a Iago Aspas por terceira vez. O canteirán regresa á selección absoluta de cara ao amigable ante Colombia (7 de xuño, Murcia) e o clasificatorio ao Mundial 2018 ante Macedonia (11 de xuño, Skopje).
O de Moaña debutou esta tempada con ‘la Roja’, en outubro, nun Inglaterra-España no que brillou. Aspas entrou tras o descanso en substitución de Mata e revolucionou un partido que o combinado español perdía 2-0 e que terminaría empatando con goles do propio futbolista galego e de Isco.