Primeiro Equipo

A selección de Gabón do céltico Madinda, eliminada da Copa África

RC Celta

levy-once-gabon-cupafrique.jpg

O canteirán disputou os 90 minutos na derrota ante Guinea, partido no que se xogaban o pase

 

Gabón caeu eliminada da Copa África 2015 onte domingo. A selección do céltico Madinda afrontaba o último encontro da fase de grupos, ante Guinea Ecuatorial, co obxectivo de sumar polo menos un punto que lles dese a clasificación matemática para os cuartos de final. As Panteras non lograron o obxectivo ao caer por 2-0 neste decisivo partido no que Levy Madinda xogou 90 minutos.

 

O RC Celta, orgulloso por contar cun canteirán nunha competición de máximo nivel como a Copa África, felicita ao centrocampista celeste pola súa participación no torneo africano. O xogador regresará nos próximos días a Vigo para reincorporarse á disciplina do primeiro equipo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas