O RC Celta non puido superar ao Real Madrid e caeu 1-3 en Abanca Balaídos. Os de Eduardo Coudet foron de menos a máis e a punto estiveron de igualar o partido na segunda metade, cando a mala fortuna impediuno en dúas ocasións de Iago Aspas.
O partido comezou cun Real Madrid presionando en campo rival, o que dificultou o xogo dos xogadores celestes, que tentaron combinar para achegarse á portaría de Courtois. No minuto 20, un rápido contragolpe foi culminado a gol por Benzema cun disparo cruzado ante o que nada puido facer Iván Villar.
Os homes de Coudet tentaron estirar liñas, pero foi de novo Benzema o que bateu a portaría local tras unha recuperación na frontal da área celeste. Un duro golpe que non fixo caer ao RC Celta, que nunha unha xogada ensaiada e a 5 minutos do descanso reduciu diferenzas cun gran cabezazo de Santi Mina.
Na segunda parte o conxunto celeste ofreceu outra versión. Os xogadores locais controlaron o balón e estiraron liñas, chegando con máis perigo á área do Rea Madrid. Iago Aspas tivo o empate en dúas ocasións, a primeira delas obrigou a unha sensacional parada de Courtois.
A dez minutos do final, o canteirán de Moaña lanzou unha falta que se estrelou contra o pau tras rozar nun defensa visitante. Puido ser o empate, algo que non chegou tampouco nunha última acción de Facundo Ferreyra. Xa sobre a bucina, Asensio puxo o 1-3 final.
FICHA TÉCNICA
1 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Murillo (Beltrán, min 84), Aarón, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez (Ferreyra, min 84), Nolito (Solari, min 70 (Fontán, min 90)), Aspas, Santi Mina
3 – R. Madrid: Courtois, Lucas Vázquez, Varane, Ramos, Mendy, Casemiro, Kroos (Asensio, min 70), Modric, Asensio, Vinicius, Benzema
Goles: 0-1 Benzema, min 20; 0-2 Benzema, min 30; 1-2 Santi Mina, min 40; 1-3 Asensio, min 91;
Árbitro: Melero López. Amoestou a Tapia, Denis, Solari (RC Celta) e a Vinicius, Kroos, Nacho, Modric (R. Madrid)
Campo: Abanca Balaídos