- Desde o inicio da tempada 2014/15, o Celta é o equipo que máis partidos gañoulle ao Barcelona na liga (tres).
- En Balaídos, os vigueses gañaron os seus dous últimos encontros ligueiros ante o Barcelona, marcando catro goles en cada un deles, tras non gañar nos cinco anteriores (1E 4D).
- O equipo galego non perdeu nos seu últimos sete partidos como local na liga (4V 3E), a súa mellor xeira con Unzúe como adestrador.
- O equipo blaugrana enlazou 19 partidos sen perder como visitante na liga (14V 5E), marcando en todos, unha media de 2.4 goles, e deixando a súa portaría a cero en dez deles.
- O Celta é, tras a Real Sociedad (20), o equipo que máis puntos perdeu nesta Liga tras marcar o primeiro gol do partido (17) e o Barcelona o que máis punto gañou tras encaixar o primeiro tanto (17).
- Iago Aspas participou en seis goles nos seus últimos catro partidos ligueiros ante o Barcelona (catro goles e dúas asistencias).
- Leo Messi participou en nove goles nos seus últimos catro encontros ante o Celta na liga (catro goles e cinco asistencias).
- Coutinho deu catro asistencias nos seus últimos tres encontros ligueiros co Barcelona. Só dera unha nos nove anteriores.
- Ernesto Valverde non perdeu nos seus 14 encontros como adestrador na liga ante o Celta (10V 4E). De feito, o equipo galego é ante o que máis veces se mediu como técnico na competición sen perder.
- O de Viandar de la Vera (32) xa superou a marca de Guardiola (31) de partidos consecutivos sen perder como adestradores do Barcelona na liga.