Primeiro Equipo

A pretempada do Celta terá un marcado sabor a canteira celeste

RC Celta

sergio-jonny-ruben-gomez-entreno1415.jpg

O 60% dos futbolistas convocados xogan ou xogaron nas categorías inferiores do club

 

Achégase o comezo dunha nova pretempada no Real Club Celta e, unha vez máis, a canteira celeste gozará dunha presenza extraordinaria. Dos 30 xogadores que realizarán a súa posta a punto co primeiro equipo, 18 son futbolistas que xogan ou xogaron en equipos das categorías inferiores célticas, é dicir, o 60% dos convocados. Un dato sobresaínte, reflexo de que a aposta do club polo fútbol basee continúa sendo firme e decidido.

 

A Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Jonny, David Costas, Álex López, Madinda e Iago Aspas, xogadores do primeiro equipo, únense os futbolistas do filial Néstor, Borja Fernández, Jordan, Señé, Luís Rioxa e Borja Iglesias e os xuvenís Iván Villar, Diego Alende, Brais Méndez e Yelko Pino. A lista complétana Fontàs, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Pablo Hernández, Radoja, Augusto, Nolito, Larrivey, Orellana, Bongonda e Wass.

 

O equipo arrincará os adestramentos nas Instalacións Deportivas da Madroa o próximo 6 de xullo fóra de Nolito, Madinda e os xuvenís, quen se unirán á pretemporada máis tarde, o día 10, por ter compromisos deportivos tras a conclusión do campionato ligueiro. Néstor, porteiro do Celta B, arrincará a pretemporada o día 6 co filial e incorporarase ao primeiro equipo o 14 de xullo.

 

O proxecto de canteira do Real Club Celta está máis vivo que nunca. O traballo do club e da Fundación Celta para fortalecer a estrutura e funcionamento das categorías inferiores e dotalas de mellores ferramentas continúa dando uns froitos que teñen o seu reflexo non só no primeiro equipo céltico, senón tamén nas constantes convocatorias internacionais de xogadores formados na Madroa.

 

O importante peso da canteira na pretemporada do Celta é un síntoma máis da madurez e o crecemento que está a experimentar a entidade, un desenvolvemento que non sería posible sen o incrible apoio e confianza dos abonados e afeccionados celtistas: Crecemos Xuntos.

 


 

Pretempada do primeiro equipo

 

RC Celta: Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Jonny, Fontàs, Sergi Gómez, David Costas, Cabral, Planas, Radoja, Madinda, Álex López, Pablo Hernández, Augusto, Orellana, Bongonda, Nolito, Larrivey, Wass, Iago Aspas.

 

Celta B: Néstor, Borja Fernández, Jordan, Señé, Luis Rioja, Borja Iglesias.

 

Celta Xuvenil: Iván Villar, Diego Alende, Brais Méndez, Yelko Pino, Pape Cheikh (incorporación en función do Europeo Sub-19)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas