O derbi ante o Deportivo xogarase en Balaídos o martes 23 de setembro ás 22:00h
A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios das xornadas 4, 5 e 6 da Liga BBVA-Primeira División, tres compromisos ligueiros que o Celta afrontará no transcurso dunha semana.
Os celestes atoparanse có vixente campión de Liga, o Atlético de Madrid, o sábado 20 de setembro ás 20h no Vicente Calderón. Tan só tres días despois Balaídos acollerá o regreso do clásico galego. Os vigueses mediranse ao Deportivo no estadio olívico o martes 23 de setembro a partir das 22h. A seguinte xornada, a sexta do campionato, terá lugar o venres 26 de setembro no Martínez Valero, onde os de Berizzo mediranse ao Elche CF a partir das 21h.
Consulta o calendario completo do RC Celta: http://www.celtavigo.net/gl/primeiro-equipo/calendario