boufal-celta-real-madrid-111118.jpg
Primeiro Equipo

A efectividade do Real Madrid sentencia o duelo ante o RC Celta (2-4)

RC Celta

Un voluntarioso RC Celta non puido facer nada ante a efectividade total do Real Madrid. Os madrileños chegaron ao descanso por diante no marcador grazas a un gol de Benzema. Ao dez minutos do segundo tempo, un remate do internacional francés tras unha boa xogada, terminou golpeando desafortunadamente no corpo de Cabral. Era o 0 a 2 para o Real Madrid.

O RC Celta recortou distancias ao pouco cun fermoso gol do capitán Hugo Mallo a pase, exquisito, de Brais Méndez. O gol deu ás aos vigueses, que tiraron de caste en busca do empate. Un penalti dubidoso de Juncà, convertido por Sergio Ramos, e a expulsión de Cabral por dobre amarela, achandaron o camiño do Real Madrid cara á vitoria. No desconto, Ceballos marcou o cuarto dos merengues e Brais Méndez, na súa terceira xornada consecutiva anotando, puxo o 2-4 definitivo.

FICHA TÉCNICA

2-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Juncà, Beltrán (Emre Mor, min.63), Okay, Brais Méndez, Boufal (Hjulsager, min.63), Iago Aspas, Maxi Gómez.

4-REAL MADRID: Corutois, Sergio Ramos, Nacho (Asensio, min.71), Kroos, Benzema, Modric, Bale, Casemiro (Ceballos, min.19), Lucas Vázquez, Odriozola, Reguilón (Javi Sánchez, min.45).

Goles: Benzema (0-1, min.23); Cabral (0-2, p.p., min.56); Hugo Mallo (1-2, min.61); Sergio Ramos (1-3, de penalti, min.83); Ceballos (1-4, min.91); Brais Méndez (2-4, min.94).

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amonestou a Hugo Mallo e Juncà (RC Celta), Reguilón e Javi Sánchez (Real Madrid). Expulsou a Cabral (RC Celta) con dobre amarela no minuto 87.

Campo: ABANCA Balaídos (21.184 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas