O canteirán, no parte médico por unha elongación-edema no xemelgo interno da súa perna esquerda
A ecografía realizada ao dianteiro celeste Santi Mina desvela que non existe rotura fibrilar. O futbolista sufre unha elongación-edema no xemelgo interno da súa perna esquerda. Os servizos médicos do club valorarán a evolución da lesión durante os próximos días.