Primeiro Equipo

A cirurxía a Giuseppe Rossi realizouse satisfactoriamente

RC Celta

beppecotausa.jpg

 

O dianteiro celeste Giuseppe Rossi foi intervido satisfactoriamente este xoves en Dallas (EEUU). O atacante sufriu o pasado 9 de abril unha rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda durante o partido de Liga ante a SD Eibar, lesión que lle apartará dos terreos de xogo non menos de seis meses.

 

O Dr. Steven Singleton, encargado das anteriores cirurxías de xeonllo do xogador, foi o encargado de dirixir unha operación na que tamén estivo presente o Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, por petición expresa do futbolista.

 

Ánimo! Forza Rossi! Desexámosche unha pronta e total recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas