Tras asegurar a súa clasificación á seguinte fase da Copa del Rey ao vencer ao Valencia CF (1-3), o RC Celta coñeceu este mediodía ao seu próximo rival en cuartos de final: a Real Sociedad. O sorteo celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas ás 13:00 horas determinou que os galegos se enfrontarán aos de San Sebastián nunha emocionante rolda, á que non chegaban desde fai sete anos, programada entre o 23, 24 e 25 de xaneiro de 2024 en Abanca Balaídos.
No apaixonante encontro disputado en Mestalla, os pupilos de Rafa Benítez lograron impoñerse aos chés cun marcador de 1-3, grazas ao dobrete de de Douvikas e o gol de Luca da Torre. Tres disparos certeiros que aseguraron a presenza do RC Celta en cuartos de final de Copa del Rey sete anos máis tarde.
Despois do triunfo a beiras do Mediterráneo, o destino ditaminou que os celestes recibirán en casa á Real Sociedad. O cadro Txuri-urdin, que logrou o seu billete á seguinte fase ao vencer a domicilio ao Osasuna (0-2), demostrou en oitavos un potencial impresionante e unha fortaleza innegable, o que augura un emocionante e rifado enfrontamento contra o RC Celta na batalla por alcanzar as semifinais do torneo copeiro.