Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
"Xuntos somos mellores, máis fortes". O primeiro equipo e a canteira preséntanse ante o celtismo - RC Celta
Celtismo

“Xuntos somos mellores, máis fortes”. O primeiro equipo e a canteira preséntanse ante o celtismo

RC Celta

O RC Celta 2019/20 presentouse ante o celtismo nos prolegómenos do XXIV Memorial Quinocho, que este ano contou coa SS Lazio como rival invitado. Antes do comezo do partido, o persoal ao completo e o corpo técnico desfilaron sobre o céspede de Abanca Balaídos. “Imos defender este escudo como se merece”, arengó o capitán Hugo Mallo.

Ademais do xogador celeste, o adestrador e o presidente tamén se dirixiron a todos os asistentes: “Grazas polo apoio do ano pasado, foi fundamental. Pedímosvos non perder esa unión. Xuntos somos mellores e máis fortes”, declarou Fran Escribá antes de ceder a quenda de palabra a Carlos Mouriño. O máximo mandatario céltico destacou a felicidade do club por “traer a casas figuras que estaban fóra”, como Denis Suárez e Santi Mina, e asegurou que se está construíndo “un núcleo potente, fortalecido por xogadores da tempada pasada e novas incorporacións”.

No tempo de descanso a canteira do RC Celta foi a gran protagonista. Todos os equipos das categorías inferiores celestes presentáronse ante os afeccionados, que dedicaron unha sonora ovación a todos os conxuntos, incluídos o Celta B e o Celta Integra. Además, a Federación Galega de Fútbol fixo entrega a Iago Aspas da “Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo”, que entregou o presidente da Federación, Rafael Louzán.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas