Faite unha foto vestindo a túa camiseta, compártea en FB ou TW có hashtag #queroas2 e participa
O Celta convida a todos os seus seguidores de Facebook e Twitter a participar nun concurso co que poderán conseguir unha das novas camisetas Adidas que o club vigués usará na tempada 2015/2016.
Para concursar tan só hai que facerse un selfie vestindo unha das dúas novas elásticas e compartir a imaxe en Facebook ou Twitter usando o hashtag #queroas2. Entre todos os celtistas que participen realizarase un sorteo do que sairá o gañador, que recibirá GRATIS a segunda camiseta en caso de fotografarse coa primeira e viceversa.
* O prazo para participar finaliza o xoves 23 de xullo ás 23:59h. O gañador anunciarase o venres 24.