Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Xa podes renovar o teu abono ou darte de alta! - RC Celta
Hemeroteca celtismo

Xa podes renovar o teu abono ou darte de alta!

RC Celta

abonadoscartel1415.jpg

Este luns arranca a campaña de abonados 14/15, con desconto en renovacións ata o 11 de xullo

Hoxe luns arranca a campaña de abonados para a tempada 2014/2015, a terceira consecutiva en Primeira División. Desde primeira hora abonados e afeccionados acudiron á oficina de abonados do estadio de Balaídos para renovar ou darse de alta e, no caso das renovacións, aproveitar o desconto do 5% dispoñible para os carnets tramitados antes do 11 de xullo, unha rebaixa acumulable á “Familiar” ou “Accionista” ata un máximo aplicable do 15%. Entre as novidades tamén destaca a creación do carnet ‘Sub-25’ no lugar do ‘Sub-24’, vixente á pasada tempada.

Desde este luns poden tramitarse tanto renovacións como altas nas oficinas de abonados, ubicadas no estadio de Balaídos, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Estas xestións tamén poderán realizarse a distancia, as 24 horas do día e dunha forma rápida e sinxela, a través da oficina de abonados virtual: http://www.celtavigo.org/abonosCelta

CARTELABONADOS1415OK.jpg

Outro dos puntos novos desta nova campaña, tamén dirixido aos afeccionados novos, é a inclusión da categoría ‘Sub-25’ na bancada de Tribuna, onde até agora só existían prezos de ‘Adulto’, ‘Sub-15’ e ‘+65’. Ademais, e como vén sendo habitual nas últimas tempadas, o club premiará aos abonados e afeccionados que tramiten o seu carné con prontitude. Os celtistas que renoven ou se dean de alta antes do día 11 de xullo non pagarán suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’.

Os abonados do RC Celta continuarán gozando de numerosas vantaxes co seu carné, como o acceso gratuíto ao campo de Barreiro para seguir o partidos do filial, o desconto na tenda oficial do club e en patrocinadores oficiais ou a participación en atractivos sorteos ao longo de toda a tempada.

Dentro do recoñecemento do club cara aos abonados e afeccionados, o carné da tempada 2014/2015 inclúe unha imaxe coa que o RC Celta desexa homenaxear ao celtismo polo seu apoio incondicional, aspecto crave na consecución dos obxectivos do equipo durante os últimos anos. O carné baby tamén trae novidades estéticas, cunha colorida ilustración realizada por Pablo Rosendo, ilustrador celtista e colaborador do RC Celta.

Non faltan as facilidades no pago. Os abonados dispoñen de diferentes opcións para abonar o custo do carné da maneira que mellor lles conveña, como coa TarjetaComercio e Visa Novagalicia Banco (até 3 meses sen intereses) ou con Credicelta (até 12 meses cunha pequena recarga).

A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias. Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo a partir do día 25 de xuño. A cota de alta é similar á da tempada pasada: 85 euros para a categoría adulto e 45 euros para o resto.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas