Os billetes para a Rolda Elite están dispoñibles nas oficinas de abonados do R.C.Celta
As entradas para Rolda Elite de Vigo, competición clasificatoria para o próximo campionato europeo Sub-19, xa están á venda na oficina de abonados do Real Club Celta ao prezo único de 5 euros. Esta espectacular competición de seleccións, na que participarán os combinados nacionais de Alemaña, Dinamarca, Lituania e España, contará coa presenza de varios canteiráns celestes, sen dúbida un gran atractivo para que os afeccionados celtistas acudan a Balaídos para gozar deste espectáculo.
O Real Club Celta é o anfitrión deste importante torneo que colocará sobre o club, Vigo e Pontevedra o foco de atención do fútbol europeo durante os días nos que trascurra a competición. Representa ademais unha excelente oportunidade para abonados e afeccionados celestes e para amantes do fútbol en xeral para gozar do talento de moitos dos xogadores que nun futuro inmediato asombrarán nas súas respectivas ligas.
O celtismo poderá seguir a de tres dos xogadores celestes cun futuro máis prometedor: Santi Mina, David Costas e Rubén Blanco, integrantes dunha selección española na que tamén figuran outros futbolistas que xa debutaron en Primeira División e están chamados a competir ao máximo nivel no fútbol español.
Na poderosa selección alemá destacan tamén tres xogadores con gran protagonismo na competitiva e esixente Bundesliga: Emre Can é un centrocampista do Bayer Leverkusen que xa acumula 33 partidos na Primeira División do seu país. O central do Friburgo Matthias Ginter disputou 70 partidos e anotado 2 goles na Bundesliga e Leon Goretzka, centrocampista do Schalke 04, suma 25 partidos e 4 goles na máxima categoría do fútbol alemán.
Desde hoxe mesmo pódense adquirir nas oficinas de abonados do Real Club Celta as entradas para gozar da Selección española, que están á venda a un prezo único de 5 euros. O horario de venda das entradas é de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
O Real Club Celta e o Concello habilitarán ademais para os partidos desta competición a bancada de Fondo cos criterios de distribución e entrega de entradas utilizados ao longo da tempada 2013/2014, recentemente finalizada.
O Real Club Celta fai un chamamento a abonados e afeccionados a que acudan a Balaídos para animar á Selección Española no seu difícil reto de lograr un posto para o campionato de Europa de Hungría.
Os horarios dos partidos que disputará España no Estadio de Balaídos son os seguintes:
DATA |
PARTIDO |
HORARIO |
31 de Maio |
ESPAÑA Vs Dinamarca |
20:30 horas |
2 de Xuño |
ESPAÑA Vs Lituania |
20:30 horas |
5 de Xuño |
ESPAÑA Vs Alemania |
20:30 horas |