O Real Celta e VIWA Vitaminwater asinaron un acordo de colaboración polo que a marca se converte na bebida vitaminada oficial do club. Así, todos os xogadores do primeiro equipo e do resto de categorías, contarán co apoio de VIWA en partidos e adestramentos, sendo unha gran fonte de vitaminas e enerxía para eles, xa que estas bebidas saudables (feitas só con produtos naturais) conteñen vitaminas de moitos tipos, así como nutrientes importantes para o organismo como o magnesio ou o colágeno.
Este acordo, que estará vixente durante toda a tempada, inclúe produtos para os xogadores, así como publicidade en soportes estáticos e dinámicos do estadio e a cidade deportiva. Así, VIWA entrará de cheo no mundo do fútbol profesional, apostando por un club de renome moi querido, centenario, e admirado en todo o país.
Desde VIWA España, o seu fundador e CEO, Gabor Konrad Somlai, asegura que «estamos moi orgullosos de asinar este acordo, que permite que os nosos tés vitaminados (gañadores do premio Produto do Ano 2024) e as nosas augas vitaminadas formen parte da rutina diaria dos xogadores do Celta este ano. Para nós é moi importante concienciar sobre un estilo de vida e alimentación saudable, e o feito de que os xogadores dun club con tanta historia como é o RC Celta consuman os nosos produtos a diario en partidos e adestramentos é un paso moi firme no noso obxectivo. Estamos moi agradecidos ao club por acoller as nosas bebidas con tanto agarimo. Cando creamos VIWA, queriamos unha bebida de primeira calidade, con produtos naturais e un alto contido en vitaminas e minerais. E iso é precisamente o que nos transmitiron desde o club ao probar os nosos produtos. Desde fai once anos, numerosos deportistas olímpicos, campións mundiais e equipos europeos de primeira división usan os nosos produtos na súa rutina diaria, e é unha honra contar agora cos xogadores e afeccionados do Celta».
Por parte do RC Celta, o seu CEO corporativo, José Gainzarain, indica que “para o noso club supón un gran orgullo que unha marca internacional, con recoñecidos e premiados produtos, forme parte do noso programa de partners e provedores oficiais. Supón un recoñecemento e respaldo ao especial programa do club respecto ao coidado e saúde dos nosos xogadores, ben do primeiro equipo, ou da canteira, onde unha boa hidratación e alimentación, son fundamentais na súa preparación, desenvolvemento e mantemento dunha forma óptima. Igualmente destacar que o traballo conxunto de ambas as entidades, axudaranos no proceso de crecemento e expansión de ambas as marcas a nivel nacional e internacional, non só a través da prescrición de hábitos saudables, se non tamén da calidade e a innovación”.
Con este acordo, VIWA preséntase no mundo do fútbol profesional para concienciar sobre un estilo de vida activo e saudable, dando a coñecer a súa ampla gama de produtos de augas e tés vitaminados, que sen dúbida, ofrecen a mellor experiencia para unha hidratación nutritiva. Estes produtos son aptos para persoas de todas as idades, desde nenos até anciáns, xa que as súas propiedades vitamínicas son perfectas para a rutina diaria de calquera persoa.
Todas as súas bebidas funcionais están feitas só con produtos naturais, sen lactosa, sen glute e sen gas. Descobre o seu catálogo ao completo e os seus beneficios na web www.viwa.es ou nos seus puntos de venda en Galicia: Supermercados El Corte Inglés, DÍA ou Arenal perfumarías.
Neste sentido, desde a compañía tamén destacan que están abertos a novos socios adicionais para distribuír os seus produtos en Galicia. Os interesados poden porse en contacto a través do correo electrónico info@viwa.es.